Galicia Vigo al minuto

Sanidade licita en 1,6 millóns o equipamento oftalmolóxico para varios hospitalesm entre eles o Meixoeiro

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vén de sacar a licitación a subministración de equipamento oftalmolóxico para o hospital da Mariña en Burela, hospital do Meixoeiro, hospital comarcal de Monforte, Hospital universitario Lucus Augusti (HULA) e para o Complexo hospitalario universitario de Ourense (CHUO).

En total, trátase dun investimento de 1.588.004 euros. No caso do Meixoeiro, o investimento estará parcialmente cofinanciado pola Unión Europea, nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.

O obxectivo da «licitación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación das áreas de referencia, mellorando a atención coa adquisición do equipamento necesario para o servizo de oftalmoloxía do novo pavillón do Hospital da Mariña».

O equipamento obxecto da licitación está formado por ecógrafos, medición de geometría ocular y de lentes, biómetro-ultrasonidos portátil, biómetro, campímetro, lámpara de hendidura, láser fotocoagulador, láser yag, tonómetro de contacto-paquímetro, microscopio especular, tomografía de coherencia óptica, retinógrafo no midriático portátil, unidade de refracción, oftalmoscopios, optotipos, tonómetro, anxiógrafo-retinógrafo e microscopio cirúrxico de oftalmoloxía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.