'Qué te cuentas?' Destacados

Feijóo anuncia que en determinados casos poderá cobrarse máis dun ‘Risga’ na mesma casa

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este martes no Parlamento, durante o Debate sobre o Estado do país, que impulsará unha reforma legal para que, “en determinadas circunstancias” sexa posible cobrar máis dunha Renda de Inclusión (Risga) na mesma casa e permitir que o cobro dunha prestación social sexa compatible coa percepción dun salario.

O presidente Feijóo asegurou que dende o ano que vén aumentarán, entre un 10 e un 15% as axudas para coidador persoal, no caso das persoas dependentes e afirmou que Xunta construirá sete novas residencias nas grandes cidades galegas.

Falando de política social, Alberto Núñez Feijóo tamén anunciou un incremento de ata o 75% no chamado ‘Bono autonomía’ para residencias, de xeito que “chegue a todos e cada un dos solicitantes” do mesmo.

También te puede interesar