Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez, Alexandra Fernández, Miguel Anxo Fenán-Vello e Yolanda Díaz, deputadas e deputados de En Marea no Congreso, e a senadora Vanesa Angustia, sinalaron este xoves en Compostela que a transferencia da titularidade da AP-9 a Galicia e unha condición «principal e irrenunciable» para prestar «calquera apoio» ao Goberno de Pedro Sánchez.
Os representantes de En Marea, que lembraron que deron o seu ‘Sí’ sen condicións á moción de censura que puxo fin á Presidencia de Rajoy, e pediron ao Partido Socialista que fose coherente e que votase en Madrid o mesmo que no Parlamento de Galicia e que aproben que a autoestrada pase a ser competencia do Goberno galego.
Así o salientou o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino na presentación da ‘Axenda galega do cambio’, que recolle 50 demandas «maioritarias» da cidadanía e que serán propostas ao Goberno Sánchez durante as negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado.