@En_Marea advirte que sin o traspaso da AP-9 a Galicia non apoiará os presupostos do Goberno de Pedro Sánchez

Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez, Alexandra Fernández, Miguel Anxo Fenán-Vello e Yolanda Díaz, deputadas e deputados de En Marea no Congreso, e a senadora Vanesa Angustia, sinalaron este xoves en Compostela que a transferencia da titularidade da AP-9 a Galicia e unha condición «principal e irrenunciable» para prestar «calquera apoio» ao Goberno de Pedro Sánchez.

Os representantes de En Marea, que lembraron que deron o seu ‘Sí’ sen condicións á moción de censura que puxo fin á Presidencia de Rajoy, e pediron ao Partido Socialista que fose coherente e que votase en Madrid o mesmo que no Parlamento de Galicia e que aproben que a autoestrada pase a ser competencia do Goberno galego.

Así o salientou o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino  na presentación da ‘Axenda galega do cambio’, que recolle 50 demandas «maioritarias» da cidadanía e que serán  propostas ao Goberno Sánchez durante as negociacións dos Orzamentos Xerais do Estado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.