Destacados

O Goberno de Galicia constrúe 62 novas vivendas de promoción pública na rúa Canicouva

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda avanzou este martes a posta disposición das familias de Vigo de 62 novas vivendas de promoción, cun investimento que supera os 8,4 millóns de euros.

Ethel Vázquez  salientou que estas actuacións responden á política de Vivenda da Xunta, que “marcase como prioritario a construción de vivendas protexidas nas grandes cidades galegas, onde a demanda é maior e onde se ten acreditado maiores necesidades”.

A conselleira  supervisou as obras de construción de 26 novas vivendas de promoción pública na rúa Canicouva: trátase de vivendas de 4, de 3 e de 2 dormitorios, 3 deles adaptados a persoas con mobilidade reducida, que contarán con garaxe e rocho e patio exterior, situadas “nunha zona estratéxica da cidade” como é o acceso á Universidade e ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Vázquez subliñou que esta intervención ten como “obxectivo de facilitar o acceso a unha vivenda a tódalas familias que precisen axuda para iso, e a construción desta vivendas de promoción pública na rúa Canicouva posibilita por a disposición de 26 familias de Vigo fogares a un custe asumible”.

Explicou que nesta actuación a Xunta está a investir 3,4 millóns de euros e os traballos, que se acaban de iniciar, contan cun prazo de execución de 24 meses.

También te puede interesar