Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo asegura que moitas das amortizacións que realiza Vitrasa non son prioritarias e encarecen o prezo do bus

«Vitrasa sigue adquirindo vehículos, tendo unha vida útil por debaixo dos 6 anos, feito innecesario en materia de seguridade»

O voceiro de Marea de Vigo sinalou este luns que mentres o Concello da Coruña vén facer efectiva unha rebaixa nos billetes de transporte público, un 8% no billete ordinario, quedando este en 1,20 euros e un 30% o billete social -0,23€ fronte aos 0,69 de Vigo-, aquí Vitrasa sigue adquirindo vehículos, “tendo unha vida útil por debaixo dos 6 anos, feito innecesario en materia de seguridade, e que e soamente se explica baixo a necesidade de condicionar o gasto ás amortizacións pendentes e polo tanto, á renovación da concesión que remata o ano que vén».

Rubén Pérez subliñou que estas actuacións de Vitrasa “levan anos condicionando o prezo do billete” e este mesmo ano, «considerou unha suba de 3 céntimos [finalmente aceptada polo Concello de 2 céntimos] para facer fronte aos custos do novo convenio colectivo e sobre os incrementos salariais por categoría, mais, segundo o que que vén de denunciar o comité de empresa, as condicións laborais se precarizan sen vergoña ningunha e o diñeiro público obtido non repercutiu en todos os aspectos laborais utilizados pola empresa como escusa».

Marea de Vigo esixe empezar a falar xa do fin da concesión de Vitrasa en 2019, sobre que alternativas de xestión pode abordar o Concello, “sen excluír a xestión pública directa do transporte como fan grandes cidades do Estado”, pero especialmente sobre que tipo de investimentos ten feito a empresa e a súa incidencia sobre os custos do billete.

«Dende renovar antes do ciclo normal vehículos con escusas pouco cribles como puntos de recarga de móbiles e supostas melloras en seguridade, ate o feito de que os miles de envíos de cartas da PASSVIGO estea a ser xestionada pola propia concesionaria» matiza Rubén Pérez.

Marea de Vigo lembra que foi durante os mandatos de Abel Caballero, cando se incorporaron decisivas modificacións ao billete de transbordo e fíxose unha aposta importante por modificar o contrato, mesmo o concelleiro Xulio Calviño sinalaba naquela altura que ao Concello «non lle tremería o pulso se tiña que modificar o concurso» para o que mesmo se programou un informe para avaliar as modificacións do contrato e as implicacións futuras na ampliación do mesmo, “beneficiando sempre a Vitrasa”.

Marea de Vigo tamén quere lembrar que están sen facer as auditorías anuais que esixe obrigatoriamente o prego e precisamente «son estas as que, en concellos como o de A Coruña, xeraron a rebaixa do billete anunciada no día de onte: a intensa fiscalización na que se comprobou que o beneficio para a empresa concesionaria era excesivo incluso baixo á a normativa europea fixo posible esta rebaixa, sería bo fiscalizar a Vitrasa para poder saber, tamén, se en Vigo a empresa está lucrándose inxustamente cos cartos da veciñanza”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.