Galicia

Feijóo: «os galegos non somos como o alcalde de Vigo. Somos xente seria»

O presidente do Goberno de Galicia comparecerá, a petición propia, na comisión que investigará no Parlamento galego, impulsada pola oposición, para tratar dos «recortes» na sanidade e a falla dle medicamentos para pacientes de Hepatite C. O propio Feijóo confirmouno nunha rolda de prensa que serviu, ademáis, para arremeter contra o alcalde de Vigo.

O presidente salientou que haberá dúas comisión de investigación pedidas pola oposición, algo que salientou sería «inconcibible» no Concello de Vigo. Feijóo , quen asegurou que a investigación dos recortes en Sanidade será unha oportunidade para defender a xestión do seu goberno, respostou sobre si tamén estará na de O Marisquiño que sinalando que entendía- en referencia a Abel Caballero- que “alguén poida estar enfadado” e preguntouse  “por qué se opuxo a crear a comisión no Concello se realmente non ten responsabilidade».

A xuizo do presidente o que quere o alcalde de Vigo é «responsabilizar a todos agás ao que outorgou a licenza” e engadiu que “este disparate e estas actitudes do alcalde de Vigo supoñen unha clara declaración de culpabilidade».

Para Feijóo Abel Caballero “vai necesitar moitos shows e moitas máis lámpadas para poder eclipsar as súas responsabilidades. E a min os shows e as lámpadas non me producen ningún efecto, máis aló de lamentar as chirigotas sobre galegos que se fixeron en moitísimos programas nacionais e que me parecen inxustas. Os galegos non somos como o alcalde de Vigo. Somos xente seria«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.