'Qué te cuentas?' Galicia

@En_Marea pide a inclusión da conexión ferroviaria Vigo-O Porto no trazado do Corredor Atlántico de mercaderías

En Marea vén de reclamar en Vigo que a conexión ferroviaria Galicia-Portugal se inclúa no Corredor Atlántico Ferroviario de Mercaderías. A formación considera prioritario realizar unha aposta decidida por unha infraestrutura vital para o desenvolvemento económico da Comunidade galega, que ten en Portugal o seu principal mercado exterior.

O vicevoceiro da formación, Antón Sánchez, encargarase de levar ao Parlamento de Galicia unha reclamación que este venres anunciou, xunto ao voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez.

“A mellora da conectividade entre Galicia e o Norte de Portugal é fundamental, xa que estamos a falar dunha rexión de preto de 7 millóns de habitantes cun grande dinamismo económico, e que conta cunha importantísima rede de portos cuxa interconexión suporía a creación de grandes e fundamentais sinerxias”, sinalou Sánchez.

O representate de En Marea slientou que “mentres o goberno da Xunta non fai absolutamente nada polos portos galegos, o de Portugal impulsa un plan de mellora das infraestruturas do de Leixões por valor de 460 millóns de euros”.

Antón Sánchez amosouse moi crítico coas disputas partidistas nas que PP e PSOE se atopan enfrascados, e denunciou a paralise tanto do Concello de Vigo como da Xunta de Galicia á hora de traballar activamente polos asuntos realmente importantes e que de verdade interesan á cidadanía“Que fixeron Abel Caballero, Enrique López Veiga ou Alberto Núñez Feijóo polas infraestruturas e os portos galegos? Ata agora non houbo traballo serio para demandar esta conexión Vigo-O Porto, só disputas ridículas que só achegan dano para Galicia”.

También te puede interesar