Comarcas Destacados

O persoal de Maderas Iglesias continúa a folga ao “non confiar nas novas promesas da dirección”

A folga indefinida en Maderas Iglesias, que este martes cumpriu 15 días, continuará ao non aceptar o cadro de persoal os compromisos adquiridos pola patronal coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. A proposta, que contemplaba un calendario de pagamentos dos salarios adebedados e dos atrasos, “requiría a suspensión dunha folga que se prolongará debido á desconfianza xerada tras anos de incumprimentos”, sinlan os representantes do persoal.

Os traballadores  expresaron a súa negativa a depor a loita na asemblea celebrada onte ás 19 horas no Velódromo do Porriño.

Dende a CIG lémbrase, como exemplo recente, o incumprimento das condicións pactadas tras o ERE de xuño deste ano – que lograron reverter de 150 a 34 ceses- pero cuxas indemnizacións aínda non foron abonadas. “Tamén o calvario vivido tras oito anos de conxelación salarial, así como a demora continua e incumprimentos no pago de nóminas, das que a día de hoxe seguen pendentes a de agosto e a extra de xullo do ano vixente”.

O cadro de persoal pide, ademais, o respecto da Xunta á decisión tomada pola asemblea traballadores, reivindicando que a administración se implique de xeito pleno na consecución de investidores de cara a lograr un futuro para a empresa.

También te puede interesar