Cultura Galicia

O Colexio de Psicoloxía de Galicia denuncia as restricións para o acceso ás becas para alumnado con necesidades educativas específicas

O vindeiro curso escolar comezará o 11 e setembro

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia expresa a súa oposición á actual convocatoria de axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo, xa que “debe permitir o seu acceso a a alumnado cos trastornos e déficits que os equipos de orientación e valoración de Galicia así o consideren e non restrinxir o seu acceso a cada convocatoria, como vén pasando desde hai anos”.

Segundo o Colexio Oficial de Psicoloxía,nas bases só se convocan para alumnado que requira por un período da súa escolarización ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta. A vía para demostrar tal circunstancia requírese un certificado de discapacidade ou dun equipo de valoración e orientación dependente da administración educativa correspondente”.

Isto supón a exclusión de nenos e nenas afectados por Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) que non vén derivado dunha discapacidade nin dun trastorno grave de conduta, senón que é un trastorno en si mesmo, grave nalgúns supostos, con entidade propia e independente dos demais. “Nalgúns casos, pode xerar trastorno grave de conduta, como un dos seus síntomas, pero nunca á inversa: o TDAH non se produce ou non é unha consecuencia da discapacidade”.

Por iso debe ser incluído nestas becas, posto que é un trastorno que con tratamento psicolóxico e social, como recomenda a Organización Mundial da Saúde, mellora notablemente o rendemento e o comportamento no eido educativo.

Ademais, indican dende o Colexio Oficial, existen múltiples trastornos que sofre o alumnado que non xeran discapacidade nin trastorno grave de conduta (dislexia, dislalia, autismo…) e son esquecidos nas bases. Por iso, desde o COPG reclámase que se engadan e que estes nenos e nenas reciban unha atención especializada e apropiada. “O feito de restrinxir cada vez máis os criterios de acceso desvirtúa a que debe ser a finalidade destas bolsas, pois vai contra os principios educativos de inclusión, equidade e igualdade, o apoio educativo a aquel alumnado nos que os servizos públicos poden ser insuficientes –en Galicia só hai un orientador para máis de 800 alumnos- e onde este tipo de alumnado necesita un apoio máis específico, máis concreto e individualizado”.

También te puede interesar