Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia que o Goberno local non fixo “absolutamente nada” para aforrar auga

O grupo municipal da Marea de Vigo vén de pedir unha auditoría das inversións de Aqualia e esixe tanto a eliminación da rede de subministro obsoleta que está provocando constantes roturas, especialmente nas parroquias do rural, como a eliminación das tubaxes de fibrocemento dado o contido de amianto e os seus derivados.

O concelleiro Xosé Lois Jácome sinala que recentemente o Goberno Local aprobou o recoñecemento de máis de 3 millóns de inversión de Aqualia nas que as humanizacións suman máis de 2,5 millóns “escamoteadas baixo o eufemismo de ‘Obras de reposición da rede de abastecemento e saneamento na rúa e os seus custes asociados” sendo o que eles chaman ‘custe asociado’ actuacións que nada teñen que ver co saneamento e subministro de agua, “a Humanización de Camelias, fase III por exemplo, cun importe de 2 millóns de euros, apenas medio millón foi adicado á mellora da rede de subministro de auga e saneamento”.

Marea de Vigo lembra que leva xa anos denunciando a existencia de miles de metros de tubaxe onde existe aínda fibrocemento a base de fibras de amianto e cemento, xeralizadas nas redes de auga europeas dende os anos 40. Este material artificial vén obtido da mistura de auga, cemento e fibras de amianto, nas que estas representan entre o 10 e o 25% da mistura.

“É obrigatorio eliminar as tubaxes con fibrocemento que aínda existen nas liñas de abastecemento de auga potable na nosa cidade. Dentro das inversións de Aqualia debería ser prioritario a eliminación deste material por enriba de actuacións puramente ornamentais” explica Jácome.

Na cuestión do aforro, que pretende promover o Goberno local, Marea de Vigo considera que “antes de empezar a guerra dos trasvases das augas da conca hidrográfica que non é de Vigo, como demagoxicamente expresa o alcalde, senón de todos os municipios adscritos á conca; hai que tomar outras medidas máis inmediatas e efectivas” coma a revisión da totalidade da rede para detectar lugares onde existen fugas permanentes e centrar as inversións nestes; un Plan de renovación xeral da rede de abastecemento; anulación do baldeo de rúas con auga potable; ampezar xa o estudo de remunicipalización e reapertura de EMAVISA (empresa municipal de auga privatizada nos 90) para que en 2020 a auga sexa 100×100 pública en Vigo; instauración do bono solidario. Garantir un consumo mínimo gratuíto de auga de 3 metros cúbicos e a partir deste progresividade no recibo ou unha tarifa xusta por consumo.

También te puede interesar