Galicia Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia que o Goberno local non fixo «absolutamente nada» para aforrar auga

O grupo municipal da Marea de Vigo vén de pedir unha auditoría das inversións de Aqualia e esixe tanto a eliminación da rede de subministro obsoleta que está provocando constantes roturas, especialmente nas parroquias do rural, como a eliminación das tubaxes de fibrocemento dado o contido de amianto e os seus derivados.

O concelleiro Xosé Lois Jácome sinala que recentemente o Goberno Local aprobou o recoñecemento de máis de 3 millóns de inversión de Aqualia nas que as humanizacións suman máis de 2,5 millóns “escamoteadas baixo o eufemismo de ‘Obras de reposición da rede de abastecemento e saneamento na rúa e os seus custes asociados” sendo o que eles chaman ‘custe asociado’ actuacións que nada teñen que ver co saneamento e subministro de agua, “a Humanización de Camelias, fase III por exemplo, cun importe de 2 millóns de euros, apenas medio millón foi adicado á mellora da rede de subministro de auga e saneamento».

Marea de Vigo lembra que leva xa anos denunciando a existencia de miles de metros de tubaxe onde existe aínda fibrocemento a base de fibras de amianto e cemento, xeralizadas nas redes de auga europeas dende os anos 40. Este material artificial vén obtido da mistura de auga, cemento e fibras de amianto, nas que estas representan entre o 10 e o 25% da mistura.

«É obrigatorio eliminar as tubaxes con fibrocemento que aínda existen nas liñas de abastecemento de auga potable na nosa cidade. Dentro das inversións de Aqualia debería ser prioritario a eliminación deste material por enriba de actuacións puramente ornamentais» explica Jácome.

Na cuestión do aforro, que pretende promover o Goberno local, Marea de Vigo considera que «antes de empezar a guerra dos trasvases das augas da conca hidrográfica que non é de Vigo, como demagoxicamente expresa o alcalde, senón de todos os municipios adscritos á conca; hai que tomar outras medidas máis inmediatas e efectivas» coma a revisión da totalidade da rede para detectar lugares onde existen fugas permanentes e centrar as inversións nestes; un Plan de renovación xeral da rede de abastecemento; anulación do baldeo de rúas con auga potable; ampezar xa o estudo de remunicipalización e reapertura de EMAVISA (empresa municipal de auga privatizada nos 90) para que en 2020 a auga sexa 100×100 pública en Vigo; instauración do bono solidario. Garantir un consumo mínimo gratuíto de auga de 3 metros cúbicos e a partir deste progresividade no recibo ou unha tarifa xusta por consumo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.