'Qué te cuentas?' Galicia

Os traballadores de Maderas Iglesias indignados logo de que o conselleiro de Industria os instase a que abandonen a folga

O comité de Maderas Iglesias rexeita “tanto o contido das declaracións como as malas formas”do conselleiro de Economía Emprego e Industria, Francisco Conde, que o pasado sábado instou ás traballadores e traballadores, desde a prensa, a rematar coa súa a folga indefinida.

A xuizo dos empregados da fábrica do Porriño, o conselleiro tenta “botar balóns fóra” culpabilizando o persoal da situación e reiteran a solicitude dunha xuntanza despois de nove meses de incomparecencia.

O persoal de Maderas Iglesias chega este luns aos sete días de folga indefinida para reivindicar o pago dos salarios adebedados -dúas pagas extra e máis o salario de xullo– e esixir un futuro para unha factoría que xera 200 postos de traballo, na súa maioría mulleres.

Despois dos sacrificios realizados durante os últimos oito anos de dificultades económicas da empresa, que incluiron sete EREs aprobados pola Xunta, non entendemos que o máximo responsábel de Industria os pretenda responsabilizar agora da situación e pretenda que traballemos sen cobrar e sen convenio”, sinalan os traballadores que engaden que o representante do Goberno de Galicia “terá algunha responsabilidade pola súa falta de xestión”.

Fronte a isto, os empregados continúan a demandar que dea pasos en firme e procure solucións, comenzando por entrevistarse fisicamente e sen intermediarios co comité, en ningún caso “con ese tono e desde a prensa”. Aseguran, ademais, que levan 9 meses agardando a súa presenza no conflito e a participación activa na solución”.

También te puede interesar