Cultura Vigo al minuto

O Goberno local denuncia que a Xunta paralizou a mellora da rede de abastecemento en Teis

O Goberno local vén de denunciar que a Xunta ten paralizadas as obras de mellora da rede de abastecemento de auga en Teis e outra decena de actuacións que o Concello non pode poñer en marcha “debido aos atrancos do departamento autonómico de Patrimonio”.

“Temos en marcha un proxecto para a mellora da rede de abastecemento e están paralizado dende hai tres meses pola Xunta”, sinalou o concelleiro Carlos López Font quen subliñou que un dos puntos que estaría beneficiado pola mellora é o colexio de San Salvador de Teis, “precisamente un lugar que foi motivo das críticas do PP hai poucos meses”.

López Font tamén lembrou que o Goberno galego ten bloqueadas en Vigo outras actuacións, como as humanizacións de Camelias e García Barbón as rampas mecánicas de Gran Vía e a reforma da Porta do Sol.

También te puede interesar