'Qué te cuentas?' Destacados

O Comité de Empresa de Vitrasa denuncia á empresa na Inspección por “contratación fraudulenta de traballadores”

Aseguran que “nos últimos anos o número de traballadores eventuais disparouse na empresa que contrata e despide reiteradamente distinto persoal para ocupar os mesmos postos”.

O Comité de Empresa de Vitrasa vén de presentar unha denuncia en Inspección de Traballo polo que considera “contratación fraudulenta de traballadores”, logo de que, salientan os seus responsábeis, “nos últimos anos o número de traballadores eventuais disparouse na empresa que contrata e despide reiteradamente distinto persoal para ocupar os mesmos postos”.

A xuizo dos representantes sindicais, “deste xeito a empresa asegúrase, ante o temor dos traballadores de contrato a ser despedidos, que estes accedan a realizar calquera servizo solicitado, aínda que en moitos casos se incumpra o convenio ou Estatuto dos Traballadores., e a súa vez, estes traballadores non xeran antigüidade na empresa”.

Dende o Comité sinalan coma “un claro exemplo das consecuencias negativas deste método fraudulento de contratación son as non-renovacións de contrato nos últimos meses a varios traballadores que prestaban os seus servizos na empresa desde hai máis de 5 anos”.

 

También te puede interesar