Ciencia y Tecnología Galicia

Esta fin de semana ‘Noite Branca’ e observación das Perseidas, en Vigo

A Orquestra Clásica de Vigo actuará fronte ás áncoras do monte do Castro-sábado, día 11 ás 9 e media da noite– dentro da programación municipal organizada polas ‘Bágoas de San Lorenzo’, as Perseidas, e tamén da Noite Branca deste ano que abrangue, entre outros actos, o concerto que ofrecerá a Orquestra Vigo 430 no xardín histórico de Castrelos, mañá ás 9 da noite.

Ambos concertos forman parte da programación da ‘Noite Branca’, que o Concello promove este sábado ampliando ata as 2 da mañá a apertura dos museos municipais e organizando 39 visitas guiadas, 9 exposicións específicas e 11 concertos de artistas locais.

O Verbum acollerá a actividade «Os tres tempos» coa participación de 30 artistas da poesía, danza, música e pintura, e incluirá a creación de graffitis de gran tamaño en vivo, djs, rap e danza moderna, coa participación dos asistentes nas creacións.

Pola súa banda, a observación das Perseidas ten lugar este domingo, de 10 e media a 12 e media da noite, en VigoZoo, e correrá a cargo de monitores da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.