RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

O preacordo acadado coa empresa alonxa a folga na limpeza dos parques e xardíns de Vigo

O comité de Althenia, concesionaria do mantemento dos parques e xardíns de Vigo, chegou este xoves a un preacordo coa dirección para renovar o convenio colectivo por catro anos, o que permitirá desconvocar a folga indefinida anunciada no servizo- no caso de que os traballadores ratifiquen o texto na asemblea que se celebrará este venres ás 7 da mañá na sede da empresa-.

O preacordo contempla un convenio colectivo a catro anos (2016, 2017, 2018 e 2019) e o compromiso da empresa de abonar todos os atrasos salariais dos traballadores que foron subrogados da concesionaria do mantemento dos parques forestais, a principal reivindicación do persoal e que motivou a convocatoria da folga.

Ademais, Althenia aceptou un aumento de soldos para todas as categorías laborais consistente en 23€ lineais en cada un dos anos 2018 e 2019; establecer libre o 5 de xaneiro; incorporar licenzas por hospitalización e repouso domiciliario; ampliar o período de lactancia de 9 a 12 meses -que se poderá acumular durante catro semanas seguidas ; introducir melloras nos uniformes e facilitar que os días de libre disposición se poidan coller nas pontes.

También te puede interesar