Galicia

O Goberno de Galicia investirá 20 millóns de euros na mellora da capacitación de 9.000 traballadores da automoción, 4.000 deles desempregados

Vigo segunda ciudad de Galicia donde menos suben las afiliaciones a la Seguridad Social

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este xoves que o Executivo vén de aprobar varias medidas que terán como beneficiarios aos sectores , da industria de transformación agroalimentaria e a automoción.

Polo que se refire ao sector automobilístico, o presidente Feijóo anunciou  o lanzamento do programa ‘Emprega Automoción ‘dirixido a mellorar a capacitación de 9.000 traballadores do sector, 5.000 persoas ocupadas e 4.000 desempregadas.

Entre os principais obxectivos deste programa, que contará cun investimento de 20 millóns ata o ano 2020, figura a adaptación aos novos perfís profesionais que demanda o mercado laboral e o reforzo dos vínculos entre o sistema de formación e a industria.

‘Emprega Automoció’n, dixo, agrupará tres iniciativas: apoiará a formación á carta de 4.500 persoas cun orzamento de 9 millóns, dos que a administración galega aportará a metade da formación ate un máximo de  2.000€ por empregado contratado a partir do 1 de xaneiro deste ano.

A segunda iniciativa, será a das unidades formativas para desempregados e ocupados: impartiranse 67 unidades formativas para 830 persoas, todas elas financiadas polo Goberno galego na súa totalidade. Ademais, no caso dos desempregados, as empresas adquirirán o compromiso de contratar o 40% dos alumnos que formen. En definitiva, investirase un montante de 4,5M€ o que permitirá formar a 3.000 persoas a través de 200 cursos.

Por último, a terceira  das iniciativas será os cursos para desempregados que outorgarán formación homologada ás persoas en situación de desemprego coa posibilidade de acceder a certificados de profesionalidade con validez no territorio español. A estas axudas, que ascenderán a 6 millóns ata 2020, poderán acceder as empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que impartan os cursos en centros homologados ou centros propios da Administración galega.

También te puede interesar