RGPD - Cookies
Galicia

@depo_es insta ao Goberno de Galicia que asuma as súas competencias ante a alarma social que está a causar a velutina

O goberno da Deputación de Pontevedra, ante os últimos acontecementos que veñen sucedéndose, “esixe á Xunta que asuma as súas competencias en materia de xestión da problemática ocasionada pola avespa velutina”.

A presidenta provincial lembrou este xoves que a Deputación de Pontevedra non ten competencias neste eido e os casos acontecidos en Galicia nas últimas horas están a espertar xa alarma social entre a veciñanza.

Carmela Silva salientou que en maio tivo lugar unha reunión para abordar a situación da velutina en Galicia e, desde aquela, “agardamos que a Xunta comece a traballar para paliar este gravísimo problema social e medioambiental”. Máis polo miúdo, Silva informou que a Deputación “simplemente actúa, a través do Consorcio Provincial para a prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, en casos de emerxencia e sempre cando a Xunta de Galicia, a través do 112, nolo solicita, como foi o caso do Porriño”.

A presidenta  amosou a súa preocupación pola total falta de coordinación da Xunta de Galicia, “que está a desbordar totalmente o servizo de Protección Civil” e pediu que de xeito urxente se poña a traballar para atender unha situación que esperta, cada día, maior preocupación entre a cidadanía.

También te puede interesar