Galicia

Os carretilleiros de GKN convocan protestas para esixir a equiparación salarial

O cadro de persoal de HPS Industrial Jobs e Logistic Packaging, empresas de carretilleiros que traballan para a compañía de automoción viguesa GKN Driveline, mobilizarase este xoves 19 para reclamar a aplicación do convenio do Metal na súa integridade, o que pasa pola equiparación salarial co resto de traballadores.

Segundo explican dende a representación sindical dos arredor de 80 empregados , coa concentración que terá lugar diante das instalacións de GKN na Avenida Citroën de 1 e cuarto a 2 e media da tarde queren reclamar a aplicación íntegra do convenio provincial do Metal, o que suporía un considerábel aumento de soldos.

Até hai catro anos a empresa aplicáballes o convenio de Comercio de Artes Gráficas, mais unha sentenza que chegou a finais de 2014 tras unha denuncia da CIG recoñecéuselles o dereito a gozar das condicións laborais establecidas no convenio provincial do Metal de Pontevedra. Dende entón as condicións laborais están equiparadas, a excepción dos salarios.

Diante disto, o persoal decidiu en asemblea levar a cabo mobilizacións e presentar demandas contra as empresas por cesión ilegal de traballadores, ao tempo que non descarta convocar paros no mes de setembro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.