RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade comprará 22 novos sistemas de anestesia destinados aos bloques cirúrxicos dos hospitais públicos

O investimento total para a adquisición destas máquinas de anestesia, financiada nun 80% pola Unión Europea no marco do Programa Operativo Feder 2014-2020, é de 958.320€.

Segundo informa Sanidade, beneficiaranse destes novos sistemas de anestesia, por obsolescencia tecnolóxicas dos actuais, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (na Xerencia de Santiago), con 5 unidades; o hospital de Montecelo, na área sanitaria de Pontevedra-Salnés, con outras 5 máquinas; os hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro, na área sanitaria de Vigo, con outras 5 unidades; o Hospital de Ourense, na Xerencia de Ourense-Verín-Barco de Valdeorras, con 4 novos sistemas; o Hospital Lucus Augusti, na área sanitaria de Lugo-Cervo-Monforte de Lemos, con 2 novos equipos; e o Arquitecto Marcide, na  Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, con 1 nova máquina de anestesia.

Os novos sistemas de anestesia que se van a adquirir son de moi altas prestacións e mellorarán as técnicas anestésicas, sobre todo en cirurxías de moi longa duración. Inclúen tecnoloxía que permite reducir ao mínimo os axentes anestésicos subministrados ao paciente, incluíndo modos ventilatorios avanzados e técnicas automáticas de recuperación do doente postanestesia.

También te puede interesar