RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

«Unhas festas fora de serie, as mellores da historia de Vigo e tamén as mellores que se fixeran nunca en Galicia e España»

Este foi o inicio da presentación que fixo este mércores o alcalde da programación de Vigo en Festas 2018.

Abel Caballero salientou que este verán a cidade será escenario dun total de 64 actuacións, con máis de 30 concertos, un festival no centro -Festa da Cultura de Vigo-, animacións infantís en todos os barrios, catro espectáculos para nenos en Castrelos, tres festas gastronómicas -Sardiña, Polbo e Mexiló-) e o festival Folclórico Internacional polas parroquias –do 17 a 22 de xullo-.

Na rolda de prensa na que tamén estivo presente a concelleira de Festas, Ana Laura Iglesias, o alcalde  fixo especial mención no carácter gratuíto das actividades programadas. «O 95% da xente pode ir gratis e os que pagan son cantidades simbólicas, non queremos concertos de pago», sinalou.

Ademais, Caballero deixou a incógnita sobre o décimo concerto que vaise a celebrar no Auditorio de Castrelos este verán e unicamente anunciou que será o 5 de agosto ás 11 da noite horas. «Mañá o anunciaremos», asegurou.

O que si avanzou foi outra actuación para o público infantil. Será o 6 de agosto cando celébrese o espectáculo «Xuŕasico, a Illa Perdida» no Auditorio de Castrelos (20:00 horas). Xa estaban anunciadas o 3 de agosto (20:00 horas) a actuación «Rock en Familia», con tres bandas tributo de Bon Jovi (co grupo Arma Joven), Ramones (Ramoñas) e Bruce Springsteen (Bruce Brothers). O día 7 de agosto (20:00 horas) será o momento para o teatro musical con «Los Mundos de Peppa Pig y Ben&Holly», unha actuación con persoaxes que interpretan cancións e coreografías orixinais, e «Cantajuegos» será o sábado 4 de agosto (20:00 horas) co seu novo espectáculo «Yo tengo derecho a jugar» – Tour 2018″.

Segundo lembrou, Little Steven abrirá os concertos este xoves 12 de xullo, seguido por Serrat o 21, Maná o 23, Dorian e Zoe o 27 de xullo e agora tamén a Coral Casablaca o 28 do nomeado mes. Xullo conclúe co espectáculo de Morat o día 31. Para agosto, o Concello ten pechada a presenza de Raphael o día 2 e de Juanes o día 8, ademais da actuación exclusiva para Vigo de cinco representantes de OT, Aitana, Ana Guerra, Cepeda, Miriam e Roi, o día 10 de agosto.

También te puede interesar