Comarcas

58 das 85 persoas desempregadas que participan no sétimo Plan de Emprego de Redondela xa atoparon traballo

85 parados  forman parte do sétimo Plan de Emprego do Concello de Redondela que se está a desenvolver dende o pasado mes de marzo. Cun total de 11 convenios firmados con empresas, 58 das persoas que forman parte deste plan están a traballando e outras 42 remataron xa as accións formativas de diferentes sectores o que “lles facilitará en gran medida o acceso ao mercado laboral”, sinala a tenente de alcalde e concelleira de Emprego e Benestar, María del Carmen Amoedo.

Os cursos impartidos cun total de 890 horas polo de agora, corresponden á formación coma carretilleiro, manipulador de alimentos, informática avanzada, monitor de tempo libre e atención ao público.

“Os bos resultados destes plans de emprego fan que ano tras ano o concello volte a ser beneficiario de diferentes subvencións por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria posto que Redondela cumpre sempre, con amplitude, o ratio de empregabilidade esixida”, engade Amoedo.

A concelleira lembra que Redondela é agora o municipio de mais de 10,000 habitantes con menor taxa de paro da provincia de Pontevedra estando xa en  niveles do ano 2006. “Cando o actual Goberno local comezara a súa xestión había na vila 2.900 parados fronte aos 1.750 que hai agora”.

María del Carmen Amoedo salienta que  “queda moito traballo por facer pero os resultados avalan a nosa xestión e seguiremos a traballar para seguir mellorando a vida das veciñas e veciños de Redondela”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.