Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo considera “positiva” a decisión do @PPdeVigo de denunciar penalmente ao alcalde pola súa actitude sobre o estado da auga na cidade

O grupo municipal da Marea de Vigo, á vista das analíticas tomadas polo persoal técnico da Xunta de Galicia e polo Laboratorio Municipal, onde “aparecían uns niveis de ferro moi por enriba dos índices recomendados para o consumo”, acudía no mes de maio á Fiscalía ao considerar a posibilidade de existir un delito contra a saúde pública por imprudencia grave, ao non informar nin advertir á cidadanía do estado da auga.

No escrito, Marea de Vigo pedía a apertura das investigacións pertinentes que determinaran as responsabilidades penais que puidesen corresponder tanto ao alcalde como responsable último de asegurar que o xestor do subministro de auga en Vigo -FCC Aqualia, S.A.- “realice dito subministro en condicións aptas para o consumo humano” e á propia dirección de Aqualia, como responsable da concesionaria encargada do subministro de auga para consumo humano na cidade.

Marea de Vigo afirma que “consideramos positiva a decisión do PP de Vigo de acudir aos tribunais pola ocultación e negación sobre o estado da auga en Vigo por parte do alcalde, mais o que tiñan que ter feito desde o PP vigués era premer á Xunta cando xa estaban enriba da mesa as analíticas que poñían en dúbida a idoneidade da agua de Vigo para o consumo humano”, ao mesmo tempo que lembra que houbo nos pasados meses unha gran irresponsabilidade por parte da Xunta, cando non se tomaron as medidas precisas no momento no que se estaba a alertar da situación, tal e como si que fixeron no seu día en Ferrol no ano 2015, onde se aplicaron outros criterios e outra celeridade para declarar a auga non apta” segundo explica Xosé Lois Jácome, concelleiro da Marea de Vigo.

También te puede interesar