Cultura Vigo al minuto

Vigo celebra este sábado o ‘Orgullo LGTBIQ 2018’

Este sábado, día 30, dende as 6 da tarde, a Praza da Pedra volverá a ser o centro de celebración do ‘Orgullo LGTBIQ+ Vigo 2018’ e o lugar dende onde partirá a manifestación baixo o lema ‘ Orgullo é reivindicación: non disfóricas nin incongruentes, revolución trans!’:

Ás 6 terá lugar un obradoiro de batucada, onde a batucada feminista da Asociación Nós Mesmas ensinará a quen asista ops ritmos e lemas para tocar na manifestación; dende esa mesma hora ata as 8 e media, haberá actividades infantis, con contacontos e xogos.

Ás 8 da tarde, a compañia de teatro A Panadaría fará lectura do pregón que dará saída a manifestación. Ás 8 e media, partirá a manifestación que percorrerá  a Pedra, Principe, Colon, Policarpo Sanz volvendo á Pedra, onde será a lectura do manifesto.

Ás 10 da noite comezará o Show Orgullosas, ás 11 será o turo de DJ Ingrid Mosquera e á 1 da mañá chegará RNST DJ.

También te puede interesar