Destacados Vigo al minuto

Parte da tripulación do veleiro ‘SV Tenacious’, adaptado para persoas con diversidade funcional, visita as Cíes

Parte da tripulación e da pasaxe do veleiro ‘SV Tenacious’ visitaron este venres o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas no marco dunha viaxe de carácter formativo que están a realizar. O barco é propiedade de Jubilee Sailing Trust, unha entidade británica sen ánimo de lucro que promove a integración de persoas con algún tipo de discapacidade a través da súa aproximación ao mundo da navegación.

Coma informara vigoalminuto, o ‘Tenacious’, un veleiro de tres mástiles e 65 metros de eslora, é un’ buque inclusivo’, é dicir, conta coas instalacións adaptadas necesarias para que tanto tripulación como pasaxe poidan moverse e desenvolverse polo barco sen ningún tipo de problema, ao tempo que teñen a oportunidade de aprender a navegar en alta mar e vivir nun veleiro.

Así, o barco está equipado con sinais en linguaxe braille, indicadores tactis para favorecer a orientación entre proa e popa e camiños guiados pola cuberta para persoas con problemas de visión; tamén dispón de escaleiras levadizas, almofadiñas con sistema de vibración en liteiras para alertar a persoas xordas ante unha situación de emerxencia; ou sistemas de seguridade que garanten a estabilidade das cadeiras de rodas incluso en caso de temporal.

También te puede interesar