Destacados Vigo al minuto

Esgotadas as entradas para o concerto deste sábado de Kenny Garrett Quintet no Festival de Jazz de Vigo

Dende o Servizo Municipal de Xestión e Promoción Cultural Infórmase que as entradas para o concerto de Kenny Garret Quintet, previsto hoxe sábado ás 8 e media da tarde no Auditorio  do Concello, dentro do Festival de Jazz de Vigo, están esgotadas. Por este motivo, o despacho de billetes do auditorio só funcionará para a recollida das entradas vendidas anticipadamente.

Así mesmo, lémbrase o traslado do concerto de Manolo Gutiérrez Trío, previsto para hoxe sábado na rúa Londres, ao Auditorio Municipal do Concello. O concerto celebrarase ás 11 da noite e será de balde até completar o aforamento do auditorio.

También te puede interesar