Destacados Vigo al minuto

A Senda Verde sobre a vella vía férrea chegará a Vía Norte

O alcalde agradeceu este venres a  Adif a nova cesión dunha parcela na zona da rúa Navarra que permitirá que a ‘Senda Verde’, que vén de Chapela sobre a vella vía do tren, chegue a Vía Norte.

Tal e como explicou, será preciso construír unha pasarela na zona para salvar as cotas pero deste xeito os 4 quilómetros de trazado serán accesibles desde o centro da cidade e desde a terraza da estación de Tom Mayne, canto estea construída. Outra das vantaxes da incorporación desta parcela de 4.300 m2 é que a ‘Senda Verde’ poderá integrarse nos carrís bicis xa en marcha na cidade.

Esta nova cesión ten unha duración de 75 anos e non conleva canon nen taxa algunha a maiores dos 3.000€ simbólicos establecidos no primeiro convenio. O acordo limita o seu uso a peóns e bicicletas, como xa estaba establecido no convenio de cesión dos terreos da vella vía do tren. Unha vez dado este novo paso administrativo, o Concello seguirá a traballar no proxecto de deseño da ‘Senda Verde’ cun orzamento inicial de preto de 1.000.000€.

You may also like