Galicia

@En_Marea alerta da paralización dos xulgados de violencia de xénero debido á ausencia de substitutos para o verán

En Marea vén de denunciar o colapso que, xa dende o ano pasado, padecen os xulgados galegos especializados en violencia de xénero e, ademáis,  alerta da paralización aínda maior que sen dúbida se producirá nos vindeiros meses, debido á carencia de sustitutos que cubran as vacacións de verán do persoal destas salas.

O voceiro chama a atención sobre a “inasumible carga de traballo” que estes xulgados veñen padecendo; e augura unha acumulación de asuntos aínda maior, máis inaceptable aínda se cabe nun ámbito tan sensible como é a protección ás vítimas de violencia machista.

“O ano pasado vivimos situacións dramáticas nos xulgados de Vigo e A Coruña”, que en menos dun ano pasaron de ter cento e pico dilixencias vivas a máis de 300″. Explícao Luís Villares, que augura un remate de ano especialmente complicado para as salas especializadas ou con competencias en violencia de xénero se non se poñen os medios necesarios para revertir a xa complicada situación.

A pesar de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia prevé unha partida para costear os salarios do persoal sustituto, esta non pode executarse se previamente non se aproba o orzamento anual; “polo que a día de hoxe as substitución non están garantidas”. Un problema que non é novo, e que xa o ano pasado provocou un incremento da carga de traballo “inasumible”; que se agravou aínda máis coa folga dos últimos meses.

Tal e como lembra o voceiro de En Marea, ademais os xulgados de violencia de xénero terán que asumir transitoriamente parte da carga de traballo que correspondería aos xulgados de familia; dando lugar a unha “disfunción esencial”, e a unha dilación na resolución de asuntos que podería atallarse aportando os medios humanos necesarios para o seu correcto funcionamento.

También te puede interesar