Comarcas

@depo_es adxudica en 1,9 millóns as obras da nova avenida variante de Tomiño

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar á empresa Construcciones, Obras y Viales SA (COVSA) a construción das obras da nova avenida variante de Tomiño que servirá para retirar o tráfico de paso do núcleo da vila. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explicou que a Xunta de Goberno provincial aprobou a contratación, que finalmente terá un orzamento de execución de  1.920.116,65€.

O deputado agarda que o proceso burocrático estea totalmente pechado o vindeiro mes de xullo para poder iniciar as obras, que terán un prazo de execución máximo de 12 meses.

O proxecto da nova avenida-variante de Tomiño enlazará polo sur coa estrada provincial EP-3102 e polo Norte coa PO-344 (rúa Gondomar), proporcionando unha saída natural á rúa da República Arxentina e, de forma complementaria, ao Camiño do Alivio e ao Camiño da Pedra cara o leste do núcleo. Tamén enlazará coa futura vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda.

O trazado da nova vía esténdese durante 1.318 metros. A sección abrangue 16 metros de largo medio, 10 metros dedicados a unha plataforma de dobre sentido de circulación e seis metros dedicados a unha senda peonil e ciclista pola marxe esquerda e a unha separación intermedia coa calzada. Amais, o proxecto complétase mediante o deseño das interseccións co viario existente, incluíndo cinco glorietas.

A primeira glorieta estará no punto 0+000. Serve de conexión da variante coa EP-3102, coa PO-344 e coa rúa Gondomar, terá catro ramais de entrada e un radio de calzada de 18,65 metros. A segunda glorieta (no punto 0+230) serve de conexión da variante co Camiño do Alivio, con catro ramais de entrada, un único carril de circulación e un radio exterior de 14,68 metros.

A terceira glorieta (0+480) entronca coa avenida República Arxentina, que é un dos principais accesos ao núcleo do Seixo dende a PO-552. Terá dobre carril e un radio de 19 metros. Segundo explica o deputado Benítez, a intención é dar a esta glorieta un “tratamento máis urbano e de calidade”, seguindo o estilo e o deseño que terá no futuro a avenida Arxentina, que o Concello quere peonalizar ata o edificio da Casa Consistorial con cargo ao programa provincial DepoRemse.

Por outra banda a cuarta glorieta (1+000) coordinará a avenida coa traza do enlace da VAC Tui- A Guarda co núcleo do Seixo e a rúa da Pedra. Terá cinco ramais de entrada e 24 metros de radio exterior, sendo a máis ampla de todas. A quinta rotonda conforma o final do proxecto e enlazará a variante coa PO-344 e un camiño municipal que serve de acceso á estrada de Barrantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.