Comarcas

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Redondela, dos primeiros de Galicia en someterse á avaliación ambiental coa adaptación total á nova Lei do Solo

Así o sinala a tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, María del Carmen Amoedo, quen subliña que isto é a mostra de que, coma defenderá o Goberno local, o proceso “supuxo a elaboración dun documento máis completo e complexo para recoller todas as exixencias de Urbanismo da Xunta”.

María del Carmen Amoedo, salienta que este é “o inicio do camiño dun proxecto vivo que vai tracexar o que será o desenrolo de Redondela durante os vindeiros vinte anos”.

A Administración galega vén de abrir o período de consultas do trámite de avaliación ambiental e durante dous meses será posible presentar observacións e suxestións ao documento, que pode consultarse no portal web da Xunta de Galicia.

As alegacións poden presentarse dende o pasado 13 de xuño e ata o vindeiro 13 de agosto, entrando na sede electrónica da Administración galega premendo no enlace on line  http://www.cmaot.xunta.gal/programas-con-periodo-de-consulta-aberto; enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected]; por fax ao número 981 541048 ou por escrito no Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.