Vigo al minuto

A Asociación de Veciños de Teis pide á nova ministra de Traballo que ceda o edificio do antigo centro de saúde para fins sociais

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse semana por escrito a Magdalena Valerio, nova Ministra de Traballo, Migracións e Seguranza Social, solicitando a cesión do edificio que ocupaba o antigo centro de saúde, para que se destine para uso social.

Este edificio atopase pechado desde o ano 2000, cando o Goberno de Galicia  construiu o novo centro de saúde, pasando a depender este edificio da Tesouraría da Seguranza Social.

“Dende hai anos, esta asociación e outros colectivos, estamos reivindicando que este edificio, cunha superficie de 1.063 metros cadrados, se destine para biblioteca entre outros usos dotacionais para Teis”.

Hai que lembrar que a Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse en xaneiro ao Subdirector Xeral de Xestión do Patrimonio e Contratación da Seguranza Social e en marzo a anterior Ministra de Traballo, para solicitar esta cesión deste edificio, sen recibir ningunha resposta.

Esta demanda expúxose tamén a responsábeis provinciais da Tesouraría da Seguranza Social, que manifestaron a esta asociación, xa fai un par de anos, que este edificio era unha carga para a administración e que se podían estudar formulas para destinalo a uso social, sempre que houbera algunha administración interesada.

O barrio de Teis, un dos máis poboados da cidade, conta con 5 escolares públicos, 3 centros escolares privados-concertados, 1 centro escola cooperativa e 4 institutos, “pero carecemos dunha biblioteca pública en condicións, unha ludoteca ou un local onde poida xuntarse e realizar actividades para mocidade”.

“Na Asociación Veciñal de Teis, consideramos que a mellor opción sería ceder este edificio ao Concello de Vigo, para que se fixera cargo da rehabilitación do mesmo e crear novas dotacións sociais”.

También te puede interesar