Vigo al minuto

Neurólogas da Área Sanitaria de Vigo impartirán un curso sobre esclerose múltiple a persoal sanitario de Atención Primaria

De esquerda á dereita, César Sánchez, enfermeiro da Unidade; e as neurólogas Elena Álvarez, Inés González e Marta Aguado​

Neurólogas do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) impartirán un curso de actualización sobre a esclerose múltiple (EM), especialmente dirixido ao persoal sanitario de Atención Primaria da área viguesa, tanto facultativos como profesionais de enfermería dos centros de saúde.

A Unidade específica de Esclerose Múltiple do CHUVI atende a case 600 pacientes que sofren esta enfermidade do Sistema Nervioso Central na área sanitaria de Vigo.

A esclerose múltiple é unha enfermidade do sistema nervioso, máis común entre adultos novos, e supón a segunda causa de discapacidade en persoas novas, só por detrás dos accidentes de tráfico. Descoñécese a súa orixe e tampouco ten cura coñecida.

O principal obxectivo do curso, que se celebra o 13 de xuño no Hospital Álvaro Cunqueiro, pasa por estreitar a coordinación entre os dous niveis asistenciais, a fin de conseguir melloras na abordaxe da enfermidade.

“Os últimos avances no coñecemento da esclerose múltiple outorgan cada vez maior importancia ao diagnóstico precoz e ao uso de medicamentos específicos, mellorando o prognóstico”, afirma a doutora Marta Aguado, relatora do curso xunto á doutora  Elena Álvarez.

O proxecto pretende mellorar a información que manexan os facultativos de Atención Primaria sobre a enfermidade, orientada a un diagnóstico precoz. Ao mesmo tempo, establecer criterios claros para a derivación do pacientes desde o seu centro de saúde á consulta especializada no hospital. E ademais, mellorar o manexo do paciente en Atención Primaria facilitando o seguimento adecuado do enfermo.

A doutora Aguado aclara que “os novos fármacos que apareceron nos últimos anos dispénsanse, na súa maioría, no hospital e son medicamentos que necesitan dun control de riscos; por ese motivo, é bo que os médicos de Familia dos pacientes poidan implicarse nese control”. De feito hai medicamentos que, no seu tratamento máis agresivo, poden conseguir un control da enfermidade de ata o 80%.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.