RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

@galizaCIG asegura que a folga nas ambulancias volve rexistrar un «amplo seguimento» no seu terceiro día

O terceiro día de folga no sector das ambulancias está seguindo a tónica das dúas xornada anteriores e rexistra un seguimento de practicamente o 100% do persoal, «a pesar dos abusivos servizos mínimos decretados pola Consellaría de Sanidade que na práctica impiden a boa parte dos traballadores e traballadoras exercer o seu dereito fundamental á folga».

Para dar máis visibilidade ás súas demandas, o persoal realizou concentracións nos hospitais de referencia nas que esixiu a patronal que sente negociar o convenio colectivo.

O responsábel de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza, denunciou a “teimosía da patronal” que “non só se nega a asumir ningunha mellora no novo convenio colectivo, senón que mesmo pretende precarizar as condicións e impor rebaixas salariais recortando diferentes conceptos económicos».

Ao bloqueo da negociación colectiva, engadiu Pastoriza, súmanse as pretensións de varias empresas que solicitaron a inaplicación do convenio e unha rebaixa salarial de até o 25%, algo que cualifica de «auténtica barbaridade».

No tocante á contratación, o responsabel sindical alertou da “precarización” que se dá no sector xa que as empresas están a utilizar os contratos en prácticas para cubrir os cadros de persoal de maneira barata. «Os traballadores con estes contratos cobran un 60% do salario durante o primeiro ano e o 75% no segundo, pero traballan o 100% da xornada como calquera dos seus compañeiros e compañeiras”, subliñou.

También te puede interesar