RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Vigo al día

O Diario Oficial de Galicia publica a orde de Axudas para o desenvolvemento de iniciativas no Parque das Illas Atlánticas

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a orde de Axudas para o desenvolvemento de iniciativas, públicas ou privadas, no ámbito de influencia do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.

A devandita orde estalece as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional e se convocan para o exercicio orzamentario 2018, cunha dotación orzamentaria de 112.362€.

Esta liña de incentivos responde á necesidade de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da poboación do ámbito de influencia do Parque Nacional. Cómpre recordar que o obxectivo fundamental do Parque Nacional é a conservación dos importantes valores que alberga; non obstante, isto non debe ser obstáculo para fomentar e lograr o crecemento económico da zona de influencia socioeconómica de xeito harmonioso e compatible cos obxectivos de conservación.

Hai que lembrar que o  Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia agrupa aos arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, polo que abarca os concellos de Vigo, Bueu e Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra; e de Ribeira, na Coruña.

También te puede interesar