'Qué te cuentas?' Galicia

Convocadas para este martes, día 22, manifestacións en toda Galicia en defensa das pensións públicas

A CIG ten convocadas mobilizacións, para o vindeiro martes día 22 de maio, en 18 cidades e vilas galegas- en Vigo será ás 7 da tarde en Vía Norte– en demanda de emprego, salarios e pensións dignas.

A central sindical exixe un sistema público de pensións que “garanta que se cobren hoxe, mais tamén no futuro”. Por iso, entre outras cuestións, convoca Folga Xeral para o vindeiro 19 de xuño, entendendo que é “a arma máis poderosa que temos para defender as pensións públicas” e os dereitos roubados da clase traballadora galega.

A CIG denuncia que o PP pretende facer ouvidos xordos ao clamor social que exixe pensións dignas e o seu intento de “vendernos un acordo que recollerá nos Orzamentos a suba das pensións, coma se con iso se solucionaran os graves problemas que trouxeron as reformas das pensións de 2011 e 2013, e as reformas laborais, e as políticas económicas e sociais aplicadas”.

También te puede interesar