Cultura

@QueremosGalego xunta a milles de persoas en Compostela baixo o lema ‘En galego día a día’

As rúas de Compostela ficaron pequenas para acoller os milleiros de persoas que se desprazadas de todos os recunchos do país para apoiar a manifestación convocada por ‘Queremos Galego’ no 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Baixo o lema deste ano, «En galego día a día» a plataforma cidadá que aglutina máis de 500 colectivos e asociacións quixo poñer en evidencia os problemas e trabas  ás que se teñen que enfrontar as persoas galegofalantes no seu día a día.

O acto conducido pola comunicadora e presidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galiza Nieves Rodríguez, contou coa participación de Marga Romero, Concha de la Fuente, Anxos Sobriño, Cesáreo Sánchez e Adela Figueroa que leron o manifesto deste ano no que se revindicou a necesidade de incrementar a presenza da lingua galega na administración para que se respecten os dereitos lingüísticos, na xustiza -onde só o 5% das sentenzas son en galego- ou nos medios audiovisiuais e de comunicación para non reducir a programación  na lingua propia nomeadamente na Radio Galega.

O sobreesforzo de manter a lingua viva

Na súa intervención o portavoz de Queremos Galego Marcos Maceira, ante unha ateigada praza da Quintana recoñeceu o «sobreesforzo que realiza o profesorado para elaborar materiais en galego, o sobreesforzo de pais e nais que procuran solucións ante a marxinal oferta de galego nos debuxos ou nos xoguetes, o sobreesforzo das editoriais que manteñen o noso idioma a pesar das cativas axudas da Xunta, grazas ao compromiso de manterdes o galego vivo!». «Un sobreesforzo maior nas zonas do Eo-Navia, o Bierzo, Sanabria e o val do Ellas, onde o galego non ten recoñecida a oficialidade», engadiu Maceira.

Queremos Galego denunciou o nulo compromiso e o desleixo da Xunta de Galicia ante todo o que son as cuestión relacionadas coa lingua galega pois, mentres outros territorios lexislan e amparan o uso das súas linguas, en Galicia é o propio goberno quen renega das súas competencias. Maceira acusou o presidente Feijóo de renunciar ás súas obrigas estatuarias «para se converter nun simple subdelegado do goberno en provincias».

Para exemplificar Maceira argumentou que a Xunta presenta plans fantasma para dinamizar o galego entre a mocidade mentres en Galica, «de facto ao galego impónselle un 155 lingüístico pois non se entende que o Tribunal Supremo di que o catalán debe ter unha presenza mínima no ensino dun 75%, o galego está baixando do 33% grazas ao decretazo contra o galego e á LOMCE».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.