Galicia

As estradas dependentes do Goberno de Galicia rexistraron en 2017 o maior volume de tráfico dende 2011

Os máis de 5.000 quilómetros de estradas de titularidade autonómica rexistraron en 2017 o maior volume de tráfico desde o ano 2011, cunha intensidade media diaria de 3.077 vehículos. Os datos recollidos na Memoria de Tráfico que anualmente elabora a Consellería de Infraestruturas e Vivenda reflicten un incremento do 1,89 % do tráfico con respecto ao ano 2016.

Os fluxos do tráfico convencional observados ao longo do 2017 en Galicia varian segundo a provincia. A Intensidade Media Diaria (IMD) de vehículos supera á galega nas provincias de Pontevedra, con 4.464 vehículos ao día, e A Coruña, con 4.423. Por debaixo da IMD galega se sitúa a circulación nas estradas da rede autonómica de Ourense, 1.618 vehículos ao día, e de Lugo, con 1.544.

Pola súa contra, no caso da porcentaxe do tráfico pesado que circula polas estradas autonómicas, e que representa o 6,7% do total en Galicia. Sitúanse por enriba da media as provincias de Lugo (9,8%), Ourense (7,8%) e A Coruña (6,8%), representando o tráfico pesado en Pontevedra o 5%, do total de vehículos.

Esta porcentaxe do 6,7 % de tráfico pesado que circulou polas estradas galegas o pasado ano supón un incremento do 1,52% con respecto ao ano anterior.

A Memoria de Tráfico clasifica tamén os datos de intensidade media diaria de vehículos en función das vías polas que circula. Desa forma, as vías de alta capacidade acadaron unha media de 8.227 vehículos ao día, o que representa un 4,26 % máis que o rexistrado en 2016.

También te puede interesar