Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

150 profesionais de Enfermería participan no Cunqueiro nunha xornada sobre trasplante de médula ósea

De esquerda a dereita, o coordinador da xuntanza, Fran Román; a directora de Enfermaría da EOXI de Vigo, Pilar Reza; a xefa de servizo de Hematoloxía, Carmen Albo, e o coordinador de trasplante hematolóxico do Gregorio Marañón de Madrid

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolleu unha ‘Jornada para enfermeras en trasplante de progenitores hematopoyéticos, organizada polo GETH, Grupo de Trabajo de Cuidados de Enfermeria y Gestión de la Información” .

O coordinador deste encontro e supervisor do servizo de Hematoloxía, Francisco Román, explicou que “é a primeira vez que este curso se organiza en Galicia e o feito de que a organización houbera elixido Vigo e o Álvaro Cunqueiro como sede implica un recoñecemento naiconal da nosa labor”.

Este curso ten como obxectivo actualizar os coñecementos e propoñer estratexias de mellora para coidar coa máxima evidencia ao paciente sometido a TPH, así como profundizar no coñecemento de novas técnicas  e os coidados que requiren.

Así, no programa desenvolvido, abordáronse, entre outros, os seguintes temas: os coidados da enfermaría en complicacións do TPH, as recomendacións dietéticas e nutricionais, o programa de actividade física ou o apoia psicolóxicos do paciente e familia.

51 transplantes de médula no Cunqueiro

A unidade de Transplante de proxenitores hematopoiéticos (TPH) do Servizo de Hematoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) está acreditada polo Grupo Español de Transplante Hematopoiético   para  todas as modalidades de TPH en idade adulta: autólogo, aloxénicos -de doador emparentado e non emparentado-, de proxenitores de sangue de cordón umbilical, e Infusión de linfocitos de doador.

Hai que subliñar– asegura Román- que o servizo de Hematoloxía do Álvaro Cunqueiro realiza todo o proceso de transplante, dende a extracción dos proxenitores, a súa conxelación e conservación, e a posterior infusión ao paciente”-.

Os transplantes autólogos son aqueles nos que poden utilizarse tanto a medula ósea como as células nai que circulan polo sangue do propio paciente. Unha vez extraídas e tratadas con medicación, vólvense a infundir ao paciente.

O transplante aloxénico emparentado é aquel no que non se poden usar as células propias do paciente e hai que buscar un doador, dentro da familia, que sexa compatible. O transplante aloxénico non emparentado é no que non poden utilizarse as células propias do paciente e tampouco  hai un doador compatible dentro da familia.

También te puede interesar