RGPD - Cookies
Galicia

@regades sinala que a Xunta fai o 97,05% da súas adxudicacións con contratos menores polo 13,8% do Concello de Vigo

David Regades, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento e Contratación, fixo este mércores unha valoración dos datos da contratación municipal en comparación con outras administracións galegas. Regades concluíu que o Concello é «a administración máis transparente e a que fai a contratación máis obxectiva, sempre sen ningún reparo e sen ningunha observación nin de asesoría xurídica nin do interventor».

O concelleiro sinalou, con datos do ano 2016, que o 13,8% do volume contratado polo Concello de Vigo foi a través de contratos menores, unha cifra que se eleva ao 47,1% no caso da Xunta de Galicia.

O goberno autonómico, engadiu David Regades, adxudicou o 97,05% dos contratos mediante este procedemento, segundo o Rexistro Público de Contratos da Xunta de Galicia dependente da Consellería de Facenda.

Neste eido, o segundo tenente de alcalde subliñou que no Concello de Ourense hai 17 contratos «sen ningún tipo de control» -reparados polo interventor e a asesoría xurídica municipal- “polos cero contratos de Vigo nesta situación”, e o Concello de Ferrol ten 23 servizos «sen contrato», algo que tampoco acontece no Concello de Vigo.

También te puede interesar