Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

A Área de Coidados Postcirúrxicos Infantís da Área Sanitaria de Vigo atendeu o ano pasado a 1.515 nenas e nenos menores de 14 anos

A Área de Coidados Postcirúrxicos Infantís do Cunqueiro, que esta semana fixo dous anos da súa posta en funcionamento, atendeu durante o 2017 a máis de 1.500  nenos e nenas menores de 14 anos.

Trátase da primeira área destas características de Galicia, cunha estrutura deseñada e dirixida exclusivamente á cirurxía infantil, tanto a que require ingreso hospitalario como a Cirurxía Maior Ambulatoria.

172 menores de 1 ano

Das 1.515 intervencións pediátricas realizadas, 679, un 44,8%, efectuáronse de xeito ambulatorio, sen ingreso hospitalario.

Por grupos de idade, o máis numeroso foi o dos nenos e nenas de entre 2-5 anos (487), seguido dos maiores de 9 anos (435); a continuación os situados na franxa entre 6-9 anos (421) e por último o constituído polos menores de 1 ano (172).

Atendendo a unha distribución das intervencións segundo as especialidades cirúrxicas,  Cirurxía pediátrica foi a que rexistra un maior número de intervencións,704; Otorrinolaringoloxía 495; Traumatoloxía, 154; e Oftalmoloxía 120. Aínda que con menor volume de actividade intervencionista infantil, tamén hai que  mencionar outros servizos como Neurocirurxía con 26 operacións, Xinecoloxía con 4 e Cirurxía Vascular con  3.

También te puede interesar