Comarcas Vigo al minuto

Centos do persoas acudiron en @AsNevesConcello á feira máis cosmopolita do Requeixo e do Mel

Imaxes:vigoalminuto/Nin a choiva nin o frío desluciron o o día grande da Feira do Requeixo e do Mel de As Neves á que acudiron centos de persoas. Os asistentes acabaron coas racións que se serviron ao longo da xornada e fixeron compras tanto do requeixo coma de centos de botes de mel.

O día empezara co pregón, moi especial, da chef Lucía Freitas, do restaurante ‘A Tafona’ de Compostela, que cociñou diante do público na carpa instalada la Praza Maior. Antes de empezar, o alcalde, Xosé Rodríguez Méndez, tivo unha lembranza especial e transmitiu o agradecemento dos nevenses aos seus veciños de Ponteareas, Arbo, Salvaterra ou A Cañiza-representados polos seus alcaldes ou concelleiros-, pola súa axuda durante a baga de incendios do pasado mes de outubro.

Presentación da Festa do Requeixo e Mel das Neves agora mesmo

Publiée par vigoalminuto.com "tu periódico digital" sur Vendredi 30 mars 2018

O alcalde tamén sinalou o feito de que este ano a Feira do Requeixo e do Mel dese un salto cara a lugares coma Madrid- onde a feira presentouse na Casa de Galicia- Santiago, ou Pontevedra- por medio da colaboración de Turismo Rías Baixas, organismo dependente da Deputaciòn de Pontevedra-.

Durante o acto tamén se entregaron os premios de receitas con requeixo, que foron para Santiago Campelo e Andrea Moldes, os dous alumnos da Escola de Formación Profesional Efa A Cancela.

Agora mesmo na Feira do Requeixo e Mel das Neves con De VACAS

Publiée par vigoalminuto.com "tu periódico digital" sur Vendredi 30 mars 2018

Xa pola tarde, os visitantes tiveron a oportunidade de gozar e divertirse coa actuación de De Vacas, que encheu a Praza Maior e que puxo a música, o humor e a troula nun día que,m en contra doutras edición da feira, con puxo fin á mesma, que se prolongou ata a ‘Sesión Vermú’ do sábado, no que as veciñas e veciños das Neves asistiron ao show de ‘Licicleta Disco Retro’.

También te puede interesar