Comarcas

Entregan 4.000 sinaturas no Parlamento de Galicia pedindo a creación dun Parque de Bombeiros no Val Miñor

Os concelleiros de ‘Gondomar Concello Aberto’, ‘Nigrán Decide’ e ‘EU Son Baiona’, Pauliño del Río, José Cuevas e Silvano Montes, presentaron no parlamento 4.000 sinaturas apoiando a Iniciativa Popular para a Creación dun Parque de Bombeiros no Val Miñor, de xestión pública directa no que se integre o actual persoal do GES. Esta cantidade supera as 2.500 necesarias para a continuación da súa tramitación e aprobación se procede no Parlamento.

“A Comisión Promotora da Iniciativa Popular considera que un 10% da poboación do Val Miñor asine esta iniciativa é un éxito polo que espera que, unha vez verificadas as sinaturas, sexa asumida por tódolos grupos parlamentarios”.

A Comisión Promotora, formada polos concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU Son Baiona, así como representantes de colectivos sociais, “agradece á  veciñanza do Val Miñor  a acollida que tivo esta iniciativa, así como a súa colaboración nesta campaña”.

También te puede interesar