RGPD - Cookies
Galicia

A patronal da sanidade privada pontevedresa accede a negociar cos sindicatos logo de dúas xornadas de folga

“Fixeron falta dúas xornadas de folga para que a patronal da sanidade privada da provincia de Pontevedra accedese finalmente a fixar unha data para negociar o convenio colectivo” despois de negarse reiteradamente e logo “torpedear as conversas”.

Isto é o que indican dende a Confederación Intersindical Galega (CIG), ao tempo que salientan “o gran seguimento da folga entre os traballadores do sector, que aproveitaron para mobilizarse diante do Sanatorio Concheiro”.

Os contactos entre as partes retomaranse este mesmo xoves, cando terá lugar unha xuntanza na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en Vigo á 1 da tarde. As 5 e media, os sindicatos CIG, CCOO e UGT levarán a cabo unha asemblea de traballadores na sede da UGT para analizar a proposta da patronal e decidir as próximas accións a desenvolver.

Con todo, dende as centrais convocantes anuncian que non desconvocarán os tres días de folga que quedan, previstas para os días 21, 26 e 27 de marzo, “até que o empresariado non presente unha proposta que contemple as principais reivindicacións dos empregados do sector”.

También te puede interesar