'Qué te cuentas?' Vigo al día

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas denuncia o “silenciamento” das súas reivindicacións polos medios de comunicación galegos

O Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas vén de denunciar o silenciamento por parte dos medios de comunicación galegos as súas reivindicacións en favor do Sistema Público de Pensións.

“Silenciamento, tanto das concentracións, como charlas como actuacións a nivel estatal”. Ao seu xuizo “queda claro que o Goberno da dereita da Xunta é o mesmo que Goberna en Madrid e que por iso mésmo os medios de comunicación comprados polo capital , non nos dá voz en ningunha das súas plataformas”.

O movemento galego en defensa das pensións subliña que seguirá loitando  dende a base para modificar a situación actual e adianta que o vindeiro sábado, día 17 de marzo, sairá de novo as as rúas galegas “reivindicando un Sistema Público de Seguridade Social Digno e Universal”.

También te puede interesar