Cultura Vigo al minuto

#FolgaFeminista Preto de 50 concellos galegos apoian este xoves o paro das mulleres

Preto de 50 concellos galegos apoian este xoves, día 8 de marzo, á folga feminista convocada por sindicatos e colectivos sociais de toda Galicia, secundando un chamamento feito en  170 países para denunciar a violencia machista, a precariedade laboral ou a brecha salarial.

En Galicia hai hoxe preto de 50.000 mulleres menos que homes incorporadas ao mercado de traballo que cobran, de media, uns 5.000€ menos ao ano, facendo o mesmo traballo; case un 80% dos contratos temporais son asinados por mulleres; a diferencia de salario e de casi un 25% entre homes e mulleres e 9 de cada 10 permisos e excedencias por coidados son asumidos por mulleres.

Nas sete cidades galegas as mobilizacións e concentracións serán:  en  Santiago (ás 12 na Praza Roxa e 8 da tarde manifestación desde a Praza 8 de marzo), Pontevedra (12,30 h. e 8 da tarde na Praza da Peregrina), Lugo (8 da tarde no Multiusos da Xunta), Ourense (1 da tarde na Praza Maior e 8 da tarde de Subdelegación do Goberno), Vigo (12 en Príncipe e 8 da tarde na Praza de Portugal), A Coruña (7 da tarde no Obelisco) e Ferrol (8 da tarde na Praza Amada García).

Na provincia de Pontevedra: Lalín (12,30 en Praza da Igrexa), O Porriño (12,30 en Praza Antonio Palacios), en Val Miñor (12,00 saídas desde Nigrán, Gondomar e Baiona), Cangas (12,30 e 20,00 en Praza de Concello), Marín (20,30 en casa do Concello) Ponteareas (12,00 en Praza Bugallal), Redondela (12,00 e 19,00 en Praza da Constitución), Moaña (12,30 e 20,00 en Praza do Concello), Illa de Arousa (18,00 marcha desde a lonxa).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.