Vigo al día

@regades presenta ‘Milenials’, un Plan de Emprego de @depo_es para a mocidade da provincia de Pontevedra

O deputado de Cooperación, David Regades, acompañado de alcaldes e representantes municipais dos concellos do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, presentou este lunes  oproxecto “Millenials. Let´s go to work” da Deputación de Pontevedra.

A través desta iniciativa, tal e como subliñou o deputado provincial, “pretendemos, pese a non ter competencias neste eido, fomentar o emprego e mellorar a empregabilidade da mocidade da nosa provincia xa que sabemos que o emprego é un importante condicionante para fixar poboación e frear o despoboamento no rural”.

“Millenials. Let´s go to work” trátase dun plan de emprego con sede en Lalín dirixido á formación da mocidade de toda a provincia, con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e no marco do Plan Nacional de Garantía Xuvenil, para mellorar a súa empregabilidade e acceder ao mercado laboral a través de formación e asesoramento gratuíto ligado ao emprendemento.

O proxecto impulsado pola Deputación, tal e como informou o deputado de Cooperación, conta cun orzamento de máis de 500.000 euros e financiamento do Fondo Social Europeo en colaboración coa EOI.

A través de “Millenials” vanse poñer en marcha sete accións formativas gratuítas entre abril e xuño que, amais, foron consensuadas “co sector empresarial da comarca para coñecer cales eran aquelas materias formativas que máis poderían ser demandadas polas empresas de cara a futuras incorporacións laborais”, indicou Regades.

En concreto, ofertaranse cursos de “Xestión e operativa en comercio e loxística internacional” (de 280 horas, en Lalín), “Arqueoloxía e conservación/restauración” (de 190 horas, no Pazo de Liñares), “Manipulación e procesos de conservación en carne, lácteos, froitas e hortalizas (de 220 horas, en Lalín), “Despece de cárnicos” (de 320 horas, en Lalín), “Fabricación e mantemento de instalacións de clima, frío e eléctricas” (de 290 horas, en Lalín), “Soldadura de aluminio” (de 280 horas, en Vila de Cruces) e “Loxística e xestión de almacéns” (de 315 horas, en Lalín).

También te puede interesar