Vigo al día

Máis de 1.000 analíticas feitas en Vigo en decembro e xaneiro sinalan que “a auga potable é de boa calidade”

O alcalde sinalou este venres que os meses de decembro de 2017 e xaneiro de 2018 se realizaron un total de 1.077 analíticas en Vigo e ningunha deu un resultado negativo. Abel Caballero salientou que “a auga é potable e de boa calidade despois de que se fixeran máis análises que no conxunto de todas as cidades galegas”.

“Nos meses de xaneiro e decembro realizáronse 1.077 analíticas, e todas din que a agua de Vigo é apta para o consumo e de óptima calidade”, apuntou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Segundo Caballero, a mostras biolóxicas “non detectaron ningunha bacteria patóxena, nin coliformes, nin ecoli, nin ferro, nin aluminio, nin nada”.

También te puede interesar