Vigo al minuto

O Pleno do Concello pide ao Goberno central que garanta o acceso público e gratuito a Toralla

O Pleno do Concello aprobou solicitar ao Goberno central que garanta o acceso público e gratuíto á Illa de Toralla, así como a tomar as actuacións necesarias para a realización dunha senda peonil segura que permita un percorrido completo polo seu perímetro.

A concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, foi a encargada de defender a moción na que argumentou que «o obxectivo é poñer enriba de mesa o debate» sobre os problemas que se atopan os cidadáns de Vigo á hora de acceder a Toralla. «Á marxe da titularidade das rúas e viarios, é certo que non se pode entrar no perímetro da illa», sinalou a edil antes de poñer outros exemplos similares na costa galega na que Costas si que facilita a entrada.

Pola súa banda, o voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, amosouse favorable á iniciativa do goberno local e lembrou a figura do finado Antonio Nieto Figueroa, «Leri», como defensor do dereito dos vigueses con respecto ao illote. «Fixo un traballo brutal e hoxe sería un bo día para el», sinalou antes de propoñer que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) recupere a titularidade pública do ámbito.

Pola sua banda o voceiro do Partido Popular recriminou ao goberno local por non «estar en contacto» cos veciños de Toralla para trasladarlles as súas intencións e poder «colaborar sen ter coñecemento da iniciativa pola prensa». Dende o PP se propuxo que o Concello ceda terreos ao ministerio para construír a mencionada senda peonil, pero as súas emendas foron rexeitadas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.