Vigo al minuto

Máis de 500.000€ para obras nos comedores de 16 colexios de Vigo

O Concello de Vigo investiu máis medio millón de euros na construción, ampliación ou mellora de comedores de centros escolares da cidade. Así o dixo este xoves o alcalde na rolda de prensa previa á inauguración das instalacións do Ceip O Sello, en Cabral.

Os preto de 22.000€  investidos neste centro súmanse ás obras realizadas noutros dezaseis colexios: Escultor Acuña, Frián-Teis, Coutada-Beade, Javier Sensat, A Doblada, Santa Mariña Becerreira, Paraixal, Pondal, Valle Inclán, Mestres Goldar, Igrexa Candeán, Canicouva, Sárdoma Moledo e San Salvador, sinalou Abel Caballero, quen lembrou que a administración competente nesta materia é a Xunta de Galicia pero, unha vez máis, “o Concello asume estas obrigas porque senón os alumnos non poderían comer no seus respectivos colexios”.

Unha situación similar se repite, engadiu, coa cubrición dos patios, tamén responsabilidade autonómica pero, segundo indicou Caballero “desde que eu son alcalde, a Xunta non cubriu ningún”, aclarou. Mentres, o goberno local xa está a traballar nos proxectos dos patios dos centros Virxe do Rocío, Carballal e Canicouva, unha vez que xa realizou o do Rodríguez Castelao.

También te puede interesar